I Ruta Tesleiros no Barbanza

En setembro de 2021, uns cantos amigos decidimos organizar a primeira ruta de Teslas do Barbanza.

Foi unha idea xurdida no grupo de Telegram "Tesla Galicia", despois de moitas horas conversando sobre os nosos coches eléctricos e todas as cousas novas ás que te enfrontas.

Todos coincidiamos en que o cambio foi para ben na maioría dos aspectos, pero dado que somos uns pioneiros nesto de circular nun vehículo unicamente propulsado por electricidade nas estradas galegas. Botábamos en falta xuntarnos, circular con eles e estar un día enteiro conversando sobre as nosas experiencias.

E tamén ofrecernos a toda a xente interesada nesta revolución, para resolver as dúbidas que dificultan dar o paso. Canta autonomía teñen?, Canto tardan en cargar?, Que mantementos necesitan?, Donde os reparamos?, Canto costa o día a día dun vehículo eléctrico?...

O tempo non axudou moito, nada raro en Galicia. Pero aínda así, todos nos propuxemos repetir a ruta e unirnos cada vez máis xente. Polo tanto, aquí está a segunda edición da Ruta Tesleiros do Barbanza, planificada para finais do mes de Xuño.

Un evento que tanto si tes un Tesla, como si estás interesado no cambio ao eléctrico, non deberías perderte!!